RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

 

Dúas victorias, un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na segunda xornada de competición.

O equipo masculino de 2ª División B no seu debut na casa caeu por 2-6 ante o C.D. Lugo Sala nun partido marcado polos erros dos xogadores locais nos primeiros minutos de partido que aproveitou un dos mellores equipos da categoría para lograr unha vantaxe cómoda no marcador e que administrou o resto do partido. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Keita de penalti e Simón. O vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de “La Alamedilla” o equipo de Quini terá outro partido complicado ante o F.S. Salamanca.

Na segunda xornada de Preferente Galicia o equipo feminino venceu con comodidade por 4-7 ao Cidade das Burgas “B”. Marcaron Aroa por partida dobre, Jenni, Paulita, Pasto, Antía e Aisha. O partido tivo un acto de deportividade por parte do adestrador Quini que mandou ás xogadoras vilalbesas deixarse encaixar un gol despois de que estas marcaran cando unha xogadora do equipo ourensán estaba no chan tras recibir un balonazo.

O equipo masculino de Preferente Galicia non puido pasar do empate a tres goles na pista do Castroverde F.S. Os autores dos goles foron Rus, Miguelito e Nuno.

O equipo xuvenil masculino logrou unha sufrida victoria ante o Transricard Distrito Ventorrillo F.S.. Os autores dos goles foron Michael e Javi.