SORTEO DUNHA CEA NO RESTAURANTE “MESÓN DO CAMPO”
Os socios 106 e 206 do Vilalba F.S. Raúl Amarelo Paz e Luís Fernández Álvarez respectivamente, foron os agraciados no sorteo realizado durante o partido de ida da final do playoff de ascenso a Segunda División “B” entre os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. e o Arenas de Manzaneda cunha cea para dúas persoas no Restaurante “Mesón do Campo” durante o mes de xuño. Os agraciados terán que poñerse en contacto coa directiva que lles fará entrega das invitacións.
A directiva do Grupo Forma-t Vilalba F.S. agradece a colaboración do Restaurante “Mesón do Campo”.
Nota: Para poder optar aos premios soamente tes que entrar na sección “SORTEOS” e cumplimentar todos os teus datos.