1/32 DE FINAL DA “COPA DE S.M. LA REINA” – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – REYCO BURELA F.S.
O sábado 12 de setembro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao Reyco Burela F.S. nos trintaedousavos de final da “Copa de S.M. La Reina” de Fútbol Sala.
Será o primeiro dos catro derbis que os dous equipos disputarán esta tempada xa que o equipo de A Mariña baixou a Segunda División e tamén na próxima eliminatoria da Copa Galicia van a verse as caras.
O equipo vilalbés na segunda participación neste torneo, fai o debut como local, xa que o ano pasado caeu na primeira eliminatoria fóra da casa ante El Gaitero Rodiles F.S.
Agárdase un partido con moito ambiente nas gradas e que servirá para que os dous equipos collan ritmo de competición de cara á vindeira semana que comeza o campionato ligueiro.


