RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Cinco victorias un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División voltou á senda da victoria e gañou por 4-2 ao CDE Muslera GSW. Boa primeira metade das vilalbesas que se foron ao descanso cun claro 3-0. Os goles foron obra de Lara, Elvi e dous en propia porta. Con esta victoria as de Kini e Miloso continúan na segunda posición facendo unha gran tempada. O vindeiro sábado ás 18:30 horas visitarán ao C.D. Segosala no Pavillón Municipal “Pedro Delgado” de Segovia.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 5-7 na difícil pista do Piensos Durán Albense F.S. Remontada final dos pupilos de Kini con Adri como goleador. Marcaron polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Adri (4), Kevin Chis (2) e Simón. Con este resultado os vilalbeses continúan segundos na clasificación e deixan ao equipo de Alba de Tormes tres puntos por debaixo. O vindeiro sábado ás 18:00 horas recibirán ao líder Caja Rural Atlético Benavente F.S. que está a un só punto e non coñece a derrota no que vai de tempada.
Na Preferente Futgal o filial masculino segue en dinámica positiva e venceu 3-2 ao filial do 5 Coruña F.S. Os de Ismael están a tres puntos do primeiro clasificado. Marcaron para os vilalbeses Íker, Amado e Javi Regueiro.
Na Primeira Futgal femenina o filial “B” desperdiciou unha renta de tres goles e acabou empatando a tres goles na visita á U.D. Pastoricense. Marcaron para as vilalbesas Paula Rodríguez (2) e Miri. O filial “C” caeu 5-6 ante a S.D. San Lázaro. Marcaron para as vilalbesas Sandra, Iris, Laura, Sofía e outro en propia porta.
O xuvenil masculino venceu 0-7 ao Bar Roma Castroverde. Marcaron Pablo Rañal (2), David, Ismael, Sergio, Íker e Corzo.
O cadete feminino gañou 0-2 ao Pescados Rubén Burela F.S. Marcaron Laura Varela e Sofía.
O cadete masculino perdeu 8-4 ante o Ribeira F.S. “C”. Marcaron para os vilalbeses Alain (2), Aldan e Míkel.


























