A SELECCIÓN GALEGA SUB-16 MASCULINA NA FASE FINAL

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. terá representación na fase final do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 masculino despois de que a selección galega se clasificara na fase previa que se para que se celebrou do 20 ao 24 de novembro nas localidades de Burela e Viveiro.

O corpo técnico do combinado galego comandado por “Kini” Martínez como seleccionador, con Iván Amado como axudante e Carlos Pacín como preparador físico lograron que os rapaces deran o máximo e acadaran a clasificación entre os oito mellores de España.

Non foi doado xa que despois de empezar con goleada por 6-0 ante Castela e León chegou a primeira e única derrota ante Castela A Mancha por 5-3. Na seguinte xornada venceron a Navarra por 7-4 deixando a clasificación pendente para o derradeiro partido ante a potente Cataluña. Nun gran encontro, os de “Kini” lograron o empate a un gol nos intres finais e con elo a clasificación para a fase final do Campionato de España que se celebrará do 27 ao 29 de decembro.

Os emparellamentos dos cuartos de final son os seguintes:

(1ª Grupo A) Cataluña – Comunidad de Madrid (2º Grupo B)
(1º Grupo C) Región de Murcia – Canarias (2º Grupo D)
(1º Grupo B) Aragón – Galicia (2º Grupo A)
(1º Grupo D) Andalucía – Comunidad Valenciana (2º Grupo C)