RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias un empate e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División venceu 3-1 ao F.C. Meigas. Gran partido o realizado polas vilalbesas ante un rival complicado. Os goles foron obra de Pasto, Noe Pires e Marta Hermo. Con esta victoria as de Kini e Miloso seguen a un punto do líder. O vindeiro domingo ás 12:00 horas visitarán ao C.D. Avilasala Ávila Auténtica no Pavillón Municipal “Carlos Sastre” da capital abulense.

O equipo masculino de 2ª División B perdeu 6-2 contra o C.D. San Cristóbal Núñez Automoción. Mal partido dos de Kini que se viron sorprendidos desde o comezo. Quintela foi o autor dos dous goles. Con esta derrota os vilalbeses baixan á terceira praza da clasificación. Este xoves ás 21:00 horas recibirán nun derbi provincial ao ADAMO Xove F.S.

Na Preferente Futgal o filial masculino venceron ao filial do ADC Lugo Sala por 3-1. Os de Ismael continúan nos postos altos da clasificación. Marcaron para os vilalbeses Pelouro (2) e Rus.

Na Primeira Futgal femenina o filial “B” goleou 0-13 ao Autocristales Juanes Abella F.C. Marcaron para as vilalbesas María Otero (4), Jenni (2), Leire, Carla, Marta, Laura Pérez, Miri, Paula Rodríguez e outro en propia porta. O filial “C” perdeu na casa 0-4 ante o Superti Ribeira F.S. “B”.

O xuvenil masculino empatou 1-1 na pista do C.P. Maristas. Marcou David Rey para os vilalbeses nun partido marcado pola mala actuación arbitral.

O cadete feminino venceu 1-4 ao Gadesport O Parrulo F.S. Marcaron Laura Varela (3) e Sofía.

O cadete masculino perdeu 7-0 ante o EDM Concello de Guitiriz.

O infantil masculino perdeu 8-0 na visita ao Ribeira F.S. Carpintería J.D.R. “B”.