O GRUPO FORMA-T VILALBA F.S. CAE NOS CUARTOS DE FINAL DA XXXIII COPA GALICIA

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. perdeu 0-6 ante o Portus Apostoli Noia F.S. no partido de cuartos de final da XXXIII Copa Galicia de Fútbol Sala masculina celebrado no Pavillón Municipal de Vilalba.

O equipo de Kini en ningún momento puido superar a un rival de Primeira División que chegou a Vilalba con gañas de conquistar de novo o título e non deixou opcións de sorpresa desde o pitido inicial.

O equipo vilalbés volverá á competición ligueira este venres ás 21:30 horas no Palacio dos Deportes de Lugo ante o Ribeira F.S. que tamén caeu nesta rolda ante o ADC Lugo Sala por 1-2.