RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias, tres empates e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División venceu por 4-2 ao filial do Ourense Ontime. Marcaron para as vilalbesas Lara Balseiro (2), Noe Pires e outro en propia meta. As de Kini e Miloso remontaron un 0-2 despois dunha mala primeira parte e continúan na loita polos postos de privilexio. O vindeiro sábado non haberá competición xa que se disputa o Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-19 no que o Grupo Forma-t Vilalba F.S. estará moi ben representado polas xogadoras Albita, Aroa e Paula que vestirán a elástica galega.
O equipo masculino de 2ª División B venceu con comodidade por 6-3 ao Deporcyl Guardo F.S. Marcaron Adri (2), Kevin Chis, Antón, Ismael e outro en propia porta. Os de Kini sentenciaron o encontro nunha boa primeira metade. O vindeiro sábado visitarán ao segundo clasificado o Stellae Leis Pontevedra F.S. ás 17:00 horas no Pavillón “Príncipe Felipe” da cidade do Lérez.
Na Preferente Futgal o filial masculino gañou o venres o partido adiado contra o Emden F.S. por 5-4. Marcaron Pelouro, Amado, Nuno, Miguelito e Martín para os vilalbeses. O sábado empatou na pista do Fisober F.S.F. 2-2. Marcaron Amado e Javi Regueiro.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” empatou na casa 2-2 ante o Superti Ribeira F.S. “B”. Marcaron María e Leire. O filial “C” perdeu 3-0 na casa ante a F.S.F. Castro S. Sidipal “B”.
O cadete feminino empatou 2-2 na pista do Ribeira F.S. 11Teamsports. As de Nuno recuperan a segunda plaza da clasificación. Marcaron Sofía e Candela para as vilalbesas.
O cadete masculino perdeu 3-1 ante o ADC Lugo Sala Occident “B”. Marcou Míkel para os vilalbeses.


























