RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 14, 15 e 16 de MARZO
Catro victorias un empate e catro derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División perdeu por 4-2 ante o C.D.E. Leganés Masdeporte. Marcaron para as vilalbesas Marta Hermo e Elvi. As de Kini e Miloso malia a perder conservan o golaveraxe a favor contra un rival directo na loita pola promoción de ascenso a Primeira División. O vindeiro sábado recibirán ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ao Arriva AD Alcorcón F.S.F.
O equipo masculino de 2ª División B, na matinal do domingo, tamén goleou por 8-8 a La Isla de Siero F.S. Marcaron Kevin Chis (2), Alonso (2), Dieguito, Antón, Adri e outro en propia porta. Os de Kini continúan na segunda posición a un punto do líder. Precisamente o vindeiro sábado visitarán ao primeiro clasificado o Caja Rural Atlético Benavente F.S. ás 19:00 horas no Pavillón Municipal “La Rosaleda”.
Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 7-3 ao F.S. Pontedeume. Marcaron Javi (3), Amado (2), Nuno e Ledo. Os de Ismael sitúanse na metade da táboa clasificatoria.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” venceu por 0-2 á S.D. Castroverde. Marcaron María e Leire. O filial “C” perdeu 0-8 contra o Praias de Barreiros C.D.
O xuvenil masculino goleou 8-0 ao C.P. Maristas. Marcaron para os vilalbeses Javi (3), Samuel Ruíz (2), David, Martín e Pablo Rañal. Os de Ledín sitúanse nos primeiros postos na fase de ascenso.
O cadete feminino empezou a competición de Copa perdendo co F.S.F. Castro por 3-0.
O cadete masculino perdeu 1-4 contra o E.D.M. Concello de Guitiriz. Marcou Aldan para os vilalbeses.
O infantil masculino goleou 8-0 ao Ribeira F.S. “D”. Marcaron Mateo Pernas (2), Mario, Manu, Mateo Puente, Dani e Lucas para os vilalbeses.


























