RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Cinco victorias, un empate e unha derrota foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División venceu 5-2 ao C.D. Ávilasala Ávila Auténtica. Marcaron para as vilalbesas Marta Hermo (2), Aroa, Pasto e Antía. As de Kini e Miloso sumaron tres puntos moi importantes para continuar en postos de play off de ascenso a Primeira División. O mellor do partido a parte do resultado foi o debut na categoría da porteira Ainara e da capitana Antía, (con gol incluído), despois de recuperarse as dúas das lesións de xeonllo que sufriron a finais da tempada pasada. O partido celebrouse no Pavillón Municipal “Jonathan Carro Paz” de Guitiriz ao estar ocupado o Pavillón Municipal de Vilalba por mor do FIV.
O filial masculino perdeu 7-5 ante Os Meigallos F.S. Malia a facer un bo partido os de Ismael non pudieron puntuar. Marcaron Pellón (2), Miguelito, Rus e Martín.
O filial feminino comezou a Copa cun empate sen goles ante o filial do Ribeira F.S.
O xuvenil masculino goleou 8-2 ao F.S.F. Castro Carne Max. Marcaron Javi (4), Martín (2) e David (2) para os vilalbeses. Os de Ledín seguen na pelexa polo ascenso.
O cadete feminino nos oitavos de final da Copa venceu 1-2 ante A Fervenza Narón O Freixo. Marcaron Sofía e Laura Varela para as vilalbesas. As de Nuno clasifícanse para os cuartos de final e a vindeira xornada xogarán en Marín ante o Enrique y Novás Marín Futsal as semifinais de Liga.
O cadete masculino venceu 5-0 ao ADC Fonte do Rei Aceites Abril. Marcaron Alain (2), David Souto (2) e Míkel para os vilalbeses.
O infantil masculino venceu 3-9 ao ADC Piringalla “B”. Marcaron Anxo (4), Manu (3), Mario e Mateo Pernas para os vilalbeses.


























