O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. COMEZA O PLAY OFF DE ASCENSO A 2ª DIVISIÓN RFEF

O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. e o Caja Rural Atlético Benavente F.S. xogarán o partido de ida da primeira eliminatoria de ascenso a 2ª División RFEF o sábado 10 de maio ás 20 horas no Pavillón Municipal de Vilalba.

A primeira eliminatoria que enfronta ao segundo e terceiro clasificados no Grupo I de 2ª División “B” RFEF augúrase moi igualada como foron os dous encontros da liga regular. O partido da primeira volta xogado en Vilalba rematou con empate a oito goles nun gran espectáculo de fútbol sala por parte dos dous equipos e o da segunda volta disputado en Benavente impúxose o equipo chairego por catro goles a tres.

Para o equipo adestrado por Kini, que quedou a un só punto de gañar a Liga nunha gran tempada, será a primeira presenza nun play off de ascenso á categoría de prata do fútbol sala nacional que sería rememorar os históricos anos do Hotel Villamartín F.S. Para o seu rival o ascenso sería voltar á categoría dúas tempadas despois do descenso.

O que está asegurada é a presenza por primeira vez na historia do club na Copa do Rei para a vindeira tempada ao quedar clasificado entre os catro primeiros da 2ª División RFEF.