O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. RECIBE AO VULCANIZADOS RUIZ TAFA F.S.
O equipo masculino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao Vulcanizados Ruíz Tafa F.S. no partido de ida da segunda eliminatoria de ascenso a 2ª División RFEF o vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
O equipo de Kini, terceiro na fase regular do grupo I eliminou nunha eliminatoria igualada ao segundo clasificado do seu grupo o Caja Rural Atlético Benavente F.S. por un resultado global de 9-6.
O equipo navarro quedou campión do grupo II e eliminou ao cuarto clasificado o Picassent por un resultado global de 7-6 con remonta incluída nos derradeiros minutos.
O partido de volta disputarase na localidade navarra de Tafalla o vindeiro fin de semana. O gañador da eliminatoria pasará á final na que o vencedor terá como premio o ascenso á categoría de prata do fútbol sala nacional.
O partido é considerado como “día do clube” e polo tanto os socios pagarán entrada, así como os menores de idade a partir dos doce anos. Como sempre será obrigatorio presentar o carnet de soci@ para acceder á instalación.
PREZO ENTRADAS
Adult@s: 10€
Socios: 5€
>12 anos e <18 anos: 3€
Soci@s colaboradores: GRATIS


























