RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias tres empates e unha derrota foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División venceu 0-2 na pista do Raio Majadahonda no derradeiro partido de liga. Marcaron Elvi e Pasto para as vilalbesas. Con esta victoria as de Kini e Miloso rematan subcampioas de 2ª División RFEF na primeira participación e xogarán a primeira eliminatoria de ascenso á Primeira Iberdrola contra o Somriu F.S. Ripollet.

O equipo masculino de 2ª División “B” empatou 2-2 contra o Vulcanizados Ruíz Tafa F.S. Marcaron para os vilalbeses Ismael e Dieguito. Os de Kini deixan aberta a eliminatoria que se decidirá o vindeiro sábado na localidade navarra de Tafalla.

O filial feminino “B” perdeu 2-1 ante o Praias de Barreiros C.D. nas semifinais da Copa Federación.

O xuvenil masculino venceu 4-2 ao Colegio Liceo. Marcaron Pablo Díaz (2), Javi e Martín para os vilalbeses. Con esta victoria os de Ledín xogarán polo ascenso a Preferente Futgal o vindeiro fin de semana ante o filial de O Parrulo Ferrol.

O cadete feminino empatou 3-3 ante o Ourense C.F.-SAD Ontime nas semifinais da Copa e caeron na tanda de penaltis por 5-4. Marcaron Laura Varela, Lucía Cendán e outro en propia porta para as vilalbesas. As de Nuno rematan o seu primeiro ano de competición chegando a semifinais de Copa e semifinais de Liga, todo un éxito para o futuro do equipo feminino.

O cadete masculino empatou 2-2 ante o Casás “B” con goles de Esteban.