O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. TERÁ QUE REMONTAR ANTE O SOMRIU F.S. RIPOLLET

O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. perdeu 1-0 ante o Somriu F.S. Ripollet, terceiro clasificado do grupo II de Segunda División, no partido de ida da semifinal polo ascenso a Primeira División. O partido celebrouse no Polideportivo Municipal “Joan Creus”

O equipo de Kini e Miloso, lastrado polas numerosas baixas e cunha viaxe moi longa, fixo un partido serio pero non tivo recompensa. Aínda así o equipo vilalbés estará na seguinte eliminatoria do ascenso si é quen de vencer ao equipo catalán xa que en caso de empate despois da prórroga pasaría por mellor clasificación ao quedar segundo no grupo I.

A directiva do Grupo Forma-t Vilalba F.S. pide o apoio de toda a afección para axudar á remontada o vindeiro sábado ás 19:30 no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.