O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. XOGARÁ A FINAL POLO ASCENSO A PRIMEIRA DIVISIÓN
O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu 4-2 ao Somriu F.S. Ripollet, no partido de volta da semifinal polo ascenso a Primeira División nun ateigado Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba e clasificouse para disputar a final do ascenso a Primeira División.
O equipo de Kini e Miloso, realizou un partido moi completo e malia a comezar perdendo repúxose antes do descanso con dous goles de Noe Pires e Pasto despois de errar claras ocasións. Na segunda metade as vilalbesas continuaron co dominio e tendo máis ocasións que o rival pero non foi ata os últimos minutos cando resolveron a eliminatoria con otros dous tantos de Noe Pires e Lara Balseiro de dobre penalti. No derradeiro minuto o equipo catalán fixo o segundo gol que non fixo perigar a eliminatoria.
O equipo vilalbés estará na derradeira eliminatoria do ascenso e terá como rival ao campión do grupo II o PH-Quirogel AE Penya Esplugues que fixo unha excepcional tempada regular con 26 partidos gañados, 3 empatados e 1 perdido e que na anterior eliminatoria remontou a El Gaitero Rodiles F.S. vencendo na prórroga 8-3 despois de perder o primeiro partido por 5-2 en terras asturianas.
A directiva do Grupo Forma-t Vilalba F.S. agradece o apoio incondicional da afección e pide un último empurrón para o derradeiro partido como local esta tempada que será o sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.


























