O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. AVANZA NA COPA GALICIA

O equipo feminino do Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu ao F.C. Meigas por 1-4 no Pavillón de Bertamiráns e clasificouse por segunda tempada consecutiva para os cuartos de final da XIX Copa Galicia.

Nun partido típico de pretempada o equipo de Kini aproveitou ben as ocasións e non pasou apuros ante un rival da mesma categoría. Marcaron para as vilalbesas Elvi, Meri e Alvite en dúas ocasións.

Na seguinte rolda o equipo vilalbés recibirá ao Burela F.S. de Primeira División no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba coa data aínda pendente de confirmación.

Os emparellamentos de cuartos de final son os seguintes:

Valdetires Ferrol F.S. – F.S.F. Castro Bloques Cando

Stellae Leis Pontevedra – Cidade de Ourense

Grupo Forma-t Vilalba F.S. – Burela F.S.

Estrela Futsal – Poio Pescamar F.S.