COMEZAN AS COMPETICIÓNS OFICIAIS PARA O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Esta fin de semana comezan as competicións oficiais da tempada 25/26 para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.

O equipo feminino disputa por primeira vez a Copa da Raíña visitando o sábado ás 18 horas a un reforzado El Gaitero Rodiles F.S. no Pavillón Municipal de Arriondas. O equipo de Kini mantén a base de xogadoras que fixeron unha magnífica tempada pasada e suma as incorporacións de Tami, Alvite, María Lence e Saínza. Na seguinte fin de semana comezará a competición ligueira recibindo ao Bembrive F.S.

O equipo masculino comeza a tempada cun derbi, recibindo o sábado ás 19:00 horas ao potente ADC Lugo con moitas caras novas. Ademáis do adestrador Muri estrearanse co equipo vilalbés en competición oficial Álex Durán, Héctor, Hugo, Luís Longo e Isma este último cunha longa traxectoria na Primeira División.

O filial masculino tamén comezará a liga de Preferente Futgal Senior o sábado ás 16 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba ante o Praias de Barreiros C.D. equipo que o eliminou da Copa Deputación a penaltis.