O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. DEBUTA NA COPA DO REI · C.D. LA FOLIA F.S. – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Mañá, xoves 18 de setembro ás 20:30 horas no Pavillón Municipal de San Vicente de la Barquera o Grupo Forma-t Vilalba F.S. debutará ante o C.D. La Folia F.S. na primeira eliminatoria da “Copa do Rei”.

Para o equipo de Muri será a estrea nunha competición na que debuta ao quedar clasificado entre os catro primeiros do Grupo I de Segunda División “B” a pasada tempada. O equipo vilalbés tentará pasar esta primeira eliminatoria para optar a xogar unha eliminatoria como local e que @s siareir@s tamén podan disfrutar desta competición.

En fronte terán ao vixente campión de Terceira División de Cantabria que quedou ás portas do ascenso ao perder a eliminatoria final contra o Concello de Begonte F.S. e polo tanto ten o dereito a xogar esta primeira eliminatoria.