O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. AVANZA NA COPA DO REI

C.D. LA FOLIA F.S. 1 – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 2

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu pola mínima ao C.D. La Folia F.S. no partido celebrado onte no Pavillón Municipal de San Vicente de la Barquera correspondente á primeira eliminatoria da “Copa do Rei”.

O equipo de Muri que se estreaba na competición dominou o partido de principio a fin e adiantouse no primeiro acto con dous goles de Kevin Chis. O dominio do equipo vilalbés non se viu reflexado no marcador con máis goles malia as boas ocasións que tiveron e despois de encaixar o tanto do equipo local na segunda parte sufriu nos derradeiros minutos con varias ocasións do equipo cántabro que loitou ata o final.

O equipo vilalbés agarda que o “bombo” lle traia sorte e que poida xogar a seguinte eliminatoria como local.