CUARTOS DE FINAL DA XIX COPA GALICIA · GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – C.D. BURELA F.S.
GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – C.D. BURELA F.S.
Hoxe, martes 30 de outubro ás 20:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao C.D. Burela F.S. nos cuartos de final da XIX Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala.
Será un derbi inédito xa que os dous equipos nunca se enfrontaron en competición oficial.
Agárdase un partido con moito ambiente nas gradas e aínda que o equipo de Kini está realizando un bo arranque de tempada na Segunda División non parte como favorito xa que o equipo da mariña, aínda que está nun momento complicado, é un equipo de Primeira División.
As vilalbesas que chegan aos cuartos de final, por segundo ano consecutivo, despois de vencer ao F.C. Meigas por 1-4 tentarán de seguir ilusionando a unha afición que a bo seguro encherá o pavillón vilalbés a pesar de ser un día laborable.


























