O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. CAE NOS CUARTOS DE FINAL
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. quedou apeado nos cuartos de final da XIX Copa Galicia Feminina tras perder por 0-2 ante o C.D. Burela F.S. no Pavillón Muicipal de Deportes de Vilalba con gran ambiente nas gradas e moita deportividade entre @s siareir@s dos dous equipos.
Non se notou a diferencia de categoría entre os dous equipos nun partido moi disputado que se decidiu nos derradeiros minutos nun disparo que pegou nunha xogadora local e despistou a Albita e nun erro xogando con porteira xogadora faltando escasos segundos para a finalización do encontro, despois de que as xogadoras de Kini erraran ocasións clarísimas para levarse o encontro.
Trala eliminación as vilalbesas só pensan na competición doméstica na que recibirán ao F.C. Meigas o vindeiro sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba e no que contarán coa presenza da seleccionadora nacional Cláudia Pons.


























