“KINI” ADESTRADOR DESTACADO DA 2ª DIVISIÓN FEMININA

Joaquín Martínez Fernández, “KINI” recibiu o galardón ao mellor adestrador do ano da Segunda División Feminina no “Día do Adestrador” celebrado o pasado sábado no Auditorio de Ferrol, evento organizado polo Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) e que contou cos adestradores de primeiro nivel Javi Gracia, Sergio González, Tino Pérez e a Seleccionadora Nacional Absoluta femenina de fútbol sala, Clàudia Pons.

Kini Martínez, que estivo acompañado polo seu staff técnico, Miguel López, Carlos Pacín e María López recibiu o galardón despois da extraordinaria tempada realizada polo equipo feminino na primeira tempada na Segunda División femenina e que estivo a tan só 13 segundos de alcanzar a Primeira División.

Parabéns!!!