RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias, un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino venceu por 5-0 ao F.C. Meigas. O equipo de Kini dominou o encontro de principio a fin e obtivo unha cómoda victoria. Marcaron para as vilalbesas Elvi (3), Lara e Alvite. O vindeiro sábado ás 18:00 horas visitarán no Pavillón “A Bandexa” de Padrenda ao potente Estrela Futsal, recén ascendido á categoría pero que conta con xogadoras de superior categoría.
O equipo masculino de 2ª División B sumou a primeira victoria da tempada (2-5) ante o River Zamora F.S. Os de Muri tiveron que remontar con sufrimento un 2-1 na parte final do encontro. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Fari (2), Antón, Héctor e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 19:00 horas recibirán no derbi comarcal ao Concello de Begonte F.S. no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba.
Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 2-2 no derbi comarcal ante o F.S.F. Castro Carnemax despois de ir perdendo por 2-0. Marcaron para os vilalbeses Tito e outro en propia porta.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” do Grupo Forma-t Vilalba F.S. goleou 6-1 á S.D. San Lázaro. Marcaron Cospe (3), María (2) e Jenni. O filial “C” perdeu na pista do Praias de Berreiros C.D. por 4-0.
Na primeira xornada da Preferente cadete femenina as rapazas de Aitor perderon por 0-5 ante o Ribeira F.S. 11Teamsports.


























