VILALBA PREPARADA PARA O ESPAÑA – PORTUGAL
Hoxe, a partir das 19:30 horas o Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba acollerá un partido amistoso entre as seleccións femininas absolutas de España e Portugal.
O encontro serve de preparación ás dúas seleccións para preparar o primeiro mundial de futsal feminino que terá lugar en Filipinas a partir do 21 de novembro ata o 7 de decembro e no que España quedou encadrada no grupo B coas seleccións de Tailandia, Colombia e Canadá.
España que está concentrada en Vilalba desde o domingo adestrou en dobre sesión o luns e foron recibidas pola alcaldesa Marta Rouco e a concelleira Paula Vigo na Casa da Cultura onde agasallaron ás xogadoras e corpo técnico con productos típicos da zona como o “Roscón de Vilalba” e o afamado “Queixo de San Simón” ademáis dalgún agasallo de cerámica de Sargadelos.
Debido ao gran momento que vive o fútbol sala feminino en Vilalba e ao apoio da Real Federación Española de Fútbol, Real Federación Gallega de Fútbol e o Concello de Vilalba poderase ver na capital da Terra Chá a dúas seleccións candidatas a conquistar o título mundial, polo que se agarda un gran espectáculo e aínda que se colgou o cartel de “non hai entradas” o partido poderase ver en directo a través de Teledeporte.


























