A.D.C. LUGO SALA – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (SEGUNDA ELIMINATORIA DA COPA DO REI)

Hoxe, mércores 8 de outubro ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Lugo o Grupo Forma-t Vilalba F.S. xogará ante o A.D.C. Lugo Sala a segunda eliminatoria da “Copa do Rei”.

Para o equipo de Muri será o segundo partido nunha competición na que debuta ao quedar clasificado entre os catro primeiros do Grupo I de Segunda División “B” a pasada tempada. O equipo vilalbés tentará seguir mellorando o xogo e ir acoplando as novas incorporacións desta tempada.

O equipo vilalbés despois de pasar a primeira eliminatoria na que venceu por 1-2 ao equipo cántabro de La Folia F.S. tentará pasar unha complicada eliminatoria para poder xogar a seguinte como local e que @s siareir@s poidan disfrutar desta competición, aínda que en fronte terán ao ADC Lugo Sala, exento na eliminatoria anterior, que parte como favorito e que xa gañou na primeira xornada de Liga en Vilalba por 2-5.