O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. CAE NA COPA DO REI

O Grupo Forma-t Vilalba F.S. quedou apeado da Copa do Rei tras perder por 5-2 ante o A.D.C. Lugo Sala no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.

Boa primeira parte dos pupilos de Muri que se adiantaron no marcador por mediación de Dieguito e que chegaron ao descanso con empate a un gol. Na segunda metade malia encaixar o segundo tanto, Kevin Chis devolveu a igualada ao marcador pero rápidamente o equipo local fixo tres goles máis que sumado ás baixas e lesións no partido fixeron imposible o pase á seguinte eliminatoria dos vilalbeses. Mágoa non poder xogar ningún partido como local na estrea do Grupo Forma-t Vilalba F.S. nesta competición.

Trala eliminación o equipo de Muri xa pensa en recuperar aos lesionados para a competición doméstica na que recibirán ao Concello de Begonte F.S., este sábado a partir das 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba e nos oitavos de final da XXXIV Copa Galicia no que visitarán ao Ribeira F.S. o vindeiro martes 14 de outubro ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.