O GRUPO FORMA-T VILALBA F.S. PASA A CUARTOS DE FINAL
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu por 1-2 ao Ribeira F.S. no partido de oitavos de final da XXXIV Copa Galicia disputado no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo e estará por terceira vez consecutiva nos cuartos de final da Copa Galicia.
O partido foi igualado na primeira metade, con varias ocasións para os dous equipos, aproveitando unha delas o equipo local para chegar ao descanso cun resultado de 1-0. Na segunda metade o equipo de Muri tivo máis o control do partido e primeiro Héctor nunha xogada de estratexia e despois Amado, en boca de gol, culminaron a remontada. Nos derradeiros minutos o equipo do Ribeira F.S. intentouno con porteiro xogador sin éxito.
O equipo vilalbés agarda o sorteo de cuartos de final no que lle tocará un dos seguintes rivais: ADC Lugo Sala, Burela F.S., O Parrulo Ferrol F.S. ou o vixente campión Portus Apostoli Noia F.S.


























