RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias, un empate e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino goleou 0-8 ao Valdetires Ferrol F.S. O equipo de Kini repúxose ao pinchazo da pasada semana e realizou un gran partido en defensa e ataque que lle serviu para acabar goleando nunha das pistas máis complicadas da categoría. Marcaron Pasto (3), Alvite, Hermo, Fanny, Paula Rodríguez e Antía. O vindeiro sábado ás 18:00 horas recibirán por primeira vez ao equipo cacereño do C.D. Colegio San José.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 6-3 ao Caja Rural Atlético Benavente F.S. Os de Muri suman a segunda victoria consecutiva ante un gran rival que pelexará polo ascenso. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Longo (3), Antón, Héctor e Kevin. O vindeiro sábado ás 12:00 horas visitarán ao equipo revelación da tempada, o filial do Portus Apostoli Noia F.S.
Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 2-2 ante Os Meigallos F.S. Os de Miloso realizaron un gran partido e puntuaron na pista do líder da competición. Marcou para os vilalbeses Javi Regueiro en dúas ocasións.
Na Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” descansou e o equipo filial “C” perdeu 2-4 ante o Burela F.S. “B”. Marcaron para as vilalbesas Sara e Laura Varela.
O equipo xuvenil masculino goleou 0-6 ao Abella F.C. Marcaron Rego (2), Pablo (2), Martín e Míkel. Os de Ledín volven á senda da victoria despois do empate da semana pasada.
O equipo cadete feminino gañou por 4-0 ao Burela F.S. As de Aitor realizaron un bo partido e suman a segunda victoria consecutiva. Marcaron para as vilalbesas Mari Jose, Malak, Lucía e Laura Varela.
Os equipos infantís masculinos non pudieron puntuar nos seus partidos. O equipo “A” perdeu ante Os Meigallos F.S. “B” por 1-2. Marcou Nicolás para os vilalbeses. O equipo “B” perdeu 2-3 ante o ADC Piringalla. Marcaron Manuel e Joel para os vilalbeses.


























