RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Seis victorias, dous empates e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino venceu 6-2 ao C.D. Colegio San José. O equipo de Kini tivo que remontar os dous goles iniciais das cacereñas e xa se sitúa en postos de play off de ascenso. Marcaron Antía (2), Marta Hermo (2), Lara e Pasto. O vindeiro domingo ás 13:00 horas visitarán ao segundo clasificado o C.D. Segosala no Pabellón Municipal “Pedro Delgado”.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 1-2 ao filial do Portus Apostoli Noia F.S. Os de Muri suman a terceira victoria consecutiva na pista do segundo clasificado. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón e Dieguito. O vindeiro sábado ás 19:15 horas visitarán ao Salamanca F.S. no Pabellón Municipal de “La Alamedilla”.

Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 2-2 ante o Jogafán Ordes F.S. Os de Miloso sumaron un punto no derradeiro minuto do partido. Marcaron para os vilalbeses Martín e Miguelito.

Na Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” venceu cun solitario gol de Noelia a Os Meigallos F.S. e o equipo filial “C” perdeu 4-0 ante a U.D. Pastoricense.

O equipo xuvenil masculino venceu 3-2 ao Concello de Begonte F.S. Marcaron Pablo, Martín e Míkel. Os de Ledín continúan na parte alta da clasificación.

O equipo cadete feminino perdeu por 4-2 ante o ADC Lugo Sala. As de Aitor non pudieron continuar coa racha de victorias. Marcou Malak por partida dobre para as vilalbesas.

Os equipos cadetes masculinos tiveron distintos resultados. O equipo “A” venceu ao Fonte do Rei Aceites Abril “B” por 2-5. Marcaron Anxo (2), Fran (2) e outro en propia porta para os vilalbeses. O equipo “B” perdeu 2-10 ante Os Meigallos F.S. “B”. Marcaron Aitor e Joel.

Os equipos infantís masculinos tiveron bos resultados. O equipo “A” venceu ao Casás “B” por 1-2. Marcou Dani e outro en propia porta. O equipo “B” empatou 2-2 ante o ADC Lugo Sala “C”. Marcaron Manu e Mauro.