RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e cinco derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino venceu 4-1 ao A.D. Mioño F.S. O equipo de Kini volveu á senda da victoria despois de dúas derrotas consecutivas fóra da casa. Marcaron Paulita (2), Alvite e Pasto. O seguinte partido, último da primeira volta, será en terras ibicencas ante o Club Deportivo San Pablo-Eivís.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 4-6 ao Deporcyl Guardo F.S. Os de Muri resarcíronse da derrota na casa e venceron nun bo partido a un rival complicado na súa pista. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Fari (3), Álex Durán (2) e Dani González. No vindeiro partido visitarán ao ADC Lugo Sala no inicio da segunda volta.

Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 1-4 ante o filial do 5 Coruña F.S. Os de Miloso perderon contra un rival directo por eludir o descenso. Hugo marcou o gol da honra para os vilalbeses.

Na Primeira Futgal Feminina o equipo filial “B” goleou 0-10 á S.D. San Lázaro con goles de Cospe (4), Laura (2), Sandra (2), Marta e Noelia. O equipo filial “C” perdeu 1-6 ante o Praias de Barreiros C.D. O gol da honra marcouno Sara Gentil.

O equipo cadete feminino perdeu por 2-6 ante o Lago Sport. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela e Mª José Otero.

O equipo cadete masculino “A” perdeu 4-0 ante o Superotero 21 Castroverde F.S. O equipo “B” descansou esta xornada.

Os equipos infantís masculinos tiveron diferentes resultados. O equipo “A” perdeu co ADC Piringalla Lugo Pé Podoloxía por 2-5. Marcaron Manu e Mario para os vilalbeses. O equipo “B” gañou 2-4 ante o Ribeira F.S. En Boas Mans “E”. Marcaron Dani, Joel, Mateo e Omar.