O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. NA SELECCIÓN GALEGA SUB16
“Kini” Martínez como seleccionador, Iván Amado como axudante e Carlos Pacín como preparador físico forman un ano máis o corpo técnico da selección galega sub-16 e representan ao Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira fase do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 masculino que se celebra do 16 ao 18 de xaneiro nas localidades de Alcázar de San Juan e Manzanares (Castela A Mancha).
Os rivais son Canarias, Castela A Mancha, (anfitrión) e Rexión de Murcia. Clasifícanse para a fase final as dúas mellores seleccións.
O debut da nosa selección será ante Canarias o 16 de xaneiro ás 10:00 horas no Manzanares Arena.
A segunda xornada, o 17 de xaneiro ás 12:00 horas, o rival será a anfitrioa Castela A Mancha tamén no Manzanares Arena.
Na derradeira xornada despedirá o campionato ante a Rexión de Murcia o día 18 de xaneiro ás 12:00 horas no Pavillón Municipal Vicente Paniagua.
Todos os partidos serán retransmitidos en directo a través da canle de Youtube da Federación de Fútbol de Castela A Mancha.
Moita sorte á Selección Galega!!!


























