RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias un empate e cinco derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino perdeu 4-1 ante o Bembrive F.S. O equipo de Kini perdeu contra un rival directo na loita polo cuarto posto da clasificación. Alvite marcou o gol da honra para as vilalbesas. O seguinte partido será o domingo ás 12:00 horas ante o filial do Ourense Ontime no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O equipo masculino de 2ª División B empatou 4-4 ante o Exlabesa Leis Pontevedra F.S. Os de Muri nun partido espectacular déronlle a volta nos últimos minutos a un resultado de 1-3 pero no derradeiro minuto encaixaron o gol do empate ante o líder destacado da categoría. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Héctor (3) e Antón. O vindeiro sábado ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Alba de Tormes visitarán ao Piensos Durán Albense F.S.

Na Preferente Futgal o filial masculino goleou 0-9 ao C.D. Praias de Barreiros. Os de Miloso golearon nunha pista complicada. Marcaron Martín (3), Íker (2), Tito (2) e Nuno (2) para os vilalbeses.

Na Primeira Futgal o filial feminino “B” goleou 16-0 a A Lenda Castroverde F.S. Marcaron María (5), Jenni (3), Andrea (2), Leire (2), Laura (2), Sandra e Noelia para as vilalbesas.

O equipo xuvenil masculino perdeu 6-4 ante o S.D. Xove F.S. Marcaron Esteban (2), Alain e Samuel. Os de Ledín perden o primeiro posto.

O equipo cadete feminino perdeu 2-0 contra o Gadesport O Parrulo Ferrol F.S.

O equipo infantil masculino “A” perdeu 2-3 ante o Casás “B”. Marcaron Manu e Mario. O equipo infantil masculino “B” perdeu 1-2 ante Os Meigallos F.S. “B”. Marcou Dani o gol vilalbés.