O PAVILLÓN MUNICIPAL DE DEPORTES DE VILALBA SEGUE A TER GOTEIRAS

O VILALBA F.S. tivo que desprazarse o domingo ao Pavillón Municipal de Outeiro de Rei para disputar tres partidos, o do equipo feminino de Segunda División contra o Ourense Ontime “B”, o filial feminino “C” contra Os Meigallos F.S. e o xuvenil masculino contra o Ribeira F.S. “B”.

O motivo de non poder xogar os partidos no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba foi que a cuberta segue a ter goteiras e a presenza de auga na pista facía imposible a celebración dos encontros.

Desde a directiva solicitan ao Concello de Vilalba que tome cartas no asunto e que arranxen a cuberta da única instalación vilalbesa na que poden disputar os partidos os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. para que non sexan sancionados económicamente e tampoco teñan que desprazarse a outras localidades para non prexudicar ao clube e afeccionados.

A directiva quere agradecer ao Concello de Outeiro de Rei as facilidades dadas para que os partidos se puideran celebrar na súa instalación.