ADIADA A SEMIFINAL DA XXXIV COPA GALICIA · GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – PORTUS APOSTOLI NOIA F.S.
O partido de semifinais da XXXIV Copa Galicia masculina de fútbol sala que se tiña que celebrar mañá, martes 3 de febreiro ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba entre o Portus Apostoli Noia F.S. e o Grupo Forma-t Vilalba F.S. foi adiado polas goteiras existentes na instalación vilalbesa.
O Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba segue a ter goteiras e a presenza de auga na pista fai imposible a celebración de adestramentos e partidos. Hai que recordar que xa van dúas fins de semana xogando os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. como locais noutras instalacións fora de Vilalba.
Desde a directiva solicitan de novo ao Concello de Vilalba que tome cartas no asunto e que arranxen na maior brevidade posible a cuberta da única instalación vilalbesa na que poden disputar os partidos os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. para que non sexan sancionados económicamente e tampoco teñan que desprazarse a outras localidades para non prexudicar ao clube e afeccionados.
A directiva quere agradecer aos Concellos de Abadín, As Pontes de García Rodríguez, Guitiriz e Outeiro de Rei, as facilidades dadas para que os partidos se podan celebrar nas súas instalacións.


























