RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias, un empate e seis derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino empatou 1-1 ante o C.D. Nou Turia F.S.F. O equipo de Kini segue sen vencer na segunda volta de competición. Marcou Aroa que reaparecía despois dunha longa lesión. O seguinte partido será ante o equipo menorquín do F.S. Atlético Mercadal o vindeiro sábado ás 13:00 horas no Polideportivo Municipal “D´es Mercadal”.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 6-2 no derbi de proximidade a O Esteo F.S. Os de Muri venceron con superioridade nun gran partido ao segundo clasificado. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Álex Durán (2), Kevin Chis, Dieguito, Fari e Isma. O vindeiro partido será contra o Xove F.S. o sábado ás 18:15 horas no Pavillón Municipal de Xove.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 3-2 ante o Fisober F.S.F. Os de Miloso mereceron puntuar e tiveron un tiro ao poste faltando dous segundos para a finalización. Marcaron para os vilalbeses Nuno e Hugo.
Na Primeira Futgal Feminina o equipo filial “C” perdeu ante o Burela F.S. “B” por 4-1. Marcou Lucía Vilasuso para as vilalbesas.
O equipo xuvenil masculino venceu ao ADC Piringalla por 9-2. Marcaron Martín (3), Ismael (2), Alain, Rego, Souto e Míkel. Os de Ledín continúan liderando a clasificación.
O equipo cadete feminino perdeu por 1-3 ante o ADC Lugo Sala. Marcou para as vilalbesas Laura Varela.
O equipo cadete masculino “A” venceu 3-1 ao Concello de Begonte. Os tres goles foron obra de Miragaya. O equipo “B” perdeu ante o EDM Concello de Guitiriz. O gol da honra marcouno Joel Pena.
Os equipos infantís masculinos perderon os seus partidos. O equipo “A” perdeu ante o Ribeira F.S. “C” por 1-5 e o equipo “B” perdeu 1-2 ante o Serra Castroverde. Marcaron Manu e Mateo respectivamente.


























