RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias, un empate e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino de 2ª División venceu ao F.S. Atlético Mercadal na matinal do sábado por 2-4. As de Kini voltaron á senda da victoria en terras menorquinas. Marcaron Alvite (2), Pasto e Aroa. O vindeiro sábado ás 17:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Caja Rural River Zamora.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu 7-5 na difícil pista da S.D. Xove F.S. Os de Muri realizaron un gran partido pero os erros propios e a gran actuación de Edu na portería local foron claves. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Kevin, Hugo, Isma, Antón e Álex Durán. O vindeiro sábado ás 19:45 horas no Pavillón Municipal de Vilalba recibirán ao Deportivo Laviana F.S.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 1-4 ante o Troula Betanzos F.S. Os de Miloso empezaron ben o partido pero acusaron as numerosas baixas. Marcou Nuno para os vilalbeses.
Na Primeira Futgal o filial feminino “B” venceu 2-4 na pista de Os Meigallos F.S. Marcaron Cospe (2), Jenni e María. O filial feminino “C” tamén venceu 5-3 á U.D. Pastoricense. Marcaron Lucía Cendán (2), Lucía Vilasuso, Laura e Sara.
O equipo xuvenil masculino venceu 1-7 ao F.S.F. Castro. Marcaron Samuel Souto (2), Alain, Míkel, Corzo, Javi Regueiro e outro en propia porta. Os de Ledín seguen no primeiro posto.
O equipo cadete feminino perdeu 5-2 contra o F.S.F. Castro. Marcaron Malak e Laura para as vilalbesas.
O equipo infantil masculino “A” perdeu 0-9 ante o Ribeira F.S. “B”. O equipo infantil masculino “B” empatou 1-1 ante o ADC Fonte do Rei. Marcou Manuel García para os vilalbeses.


























