O GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. PENDENTE DO TAD
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. de Segunda División “B” segue pendente da resolución do recurso presentado ante o Tribunal Administrativo do Deporte (TAD) pola sanción imposta polos tribunais da Real Federación Española de Fútbol pola non presencia no partido contra o Piensos Durán Albense F.S., na localidade salmantina, debido ás condicións climatolóxicas adversas e seguindo as recomendacións da Dirección Xeral de Tráfico que aconsellaba non desplazarse por carretera durante ese fin de semana a causa da borrasca Ingrid.
Despois de solicitar o aplazamento do encontro á RFEF alegando as adversas condicións metereolóxicas para a fin de semana, con restriccións á circulación por parte da Dirección Xeral de Tráfico que aconsellaba non realizar desprazamentos, o clube non obtivo resposta e polo tanto decidiu non poñer en risco as vidas dos xogadores, corpo técnico, conductor do autocar e demáis usuarios das vías polas que tiñan que circular, non viaxando.
A directiva nun exercicio de responsabilidade e sentido común tomou a decisión que tiña que haber tomado a RFEF nos partidos dunha categoría que non é profesional, algo que sí fixo a RFGF para todos os partidos que se tiñan que disputar o sábado.
Tanto o Comité de Competición como o Comité de Apelación da RFEF non estimaron as alegacións do equipo vilalbés e sancionaron ao clube cunha sanción económica por incomparecencia de 300 euros, e unha sanción deportiva de tres puntos menos na clasificación e o partido perdido por 6-0.
Agora a esperas da resolución do TAD o Grupo Forma-t Vilalba F.S. confía en que impere a coherencia e o sentido común e se resolva favorablemente como acaba de suceder polo mesmo motivo o encontro de voleibol da Superliga 2 feminina entre os equipos Aceites Abril Voleyourense e o Club Voleibol Leganés polo que fora sancionado o equipo madrileño ao non viaxar esa fin de semana a Galicia.


























