RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Unha victoria, un empate e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo masculino perdeu 2-3 ante o Deporcyl Guardo F.S. Cuarta derrota consecutiva dos de Muri que rematan a competición agardando a resolución do TAD para saber si continúan na categoría ou descenden a Terceira División. Marcaron Isma e Antón para os vilalbeses.
Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 3-2 ao Hércules F.S. Remontada do equipo de Miloso para librar de posibles arrastres e manter a categoría. Marcaron Amado, Javi e Iván para os vilalbeses.
O equipo xuvenil empatou 3-3 na pista do Ribeira F.S. “B”. Traballado empate do equipo de Ledín que continúa primeiro na clasificación. Marcaron Rego (2) e Míkel.
O equipo cadete “A” perdeu 3-7 diante do Burela F.S. Marcaron Anxo (2) e David para os vilalbeses. O equipo cadete “B” perdeu 9-0 co ADC Lugo Sala “B”.
O equipo infantil “A” perdeu 5-3 co ADC Lugo Sala. Marcaron Manu (“) e Mario para os vilalbeses.


























