RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Dúas victorias, un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo xuvenil venceu 10-4 ao Silva S.D. Arboco na semifinal polo ascenso a Preferente Futgal. Marcaron Martín (5), Alain (2), Samuel, Javi e Diego. O equipo de Ledín recibiu o trofeo de campión de Liga e xogará a final polo ascenso de categoría.
O equipo cadete “A” empatou 3-3 ante Os Meigallos “B” pero caeu na tanda de penaltis. Marcaron Trastoy, Míkel e Miragaya.
O equipo infantil “A” gañou 1-2 a Os Meigallos F.S. “B” con dous goles de Mario. O equipo infantil “B” perdeu 2-0 ante o Serra Castroverde F.S.

























