RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na terceira xornada de competición.

O equipo feminino acadou unha brillante victoria por 0-3 ante o Txantrea K.K.E. O equipo de Kini nun partido moi serio en defensa venceu nunha das pistas máis complicadas da categoría ante un rival que pelexará polos postos de play off de ascenso. Marcaron para as vilalbesas Myrielen e Marta Hermo (2). O seguinte partido será ante o Mioño F.S. o vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O equipo masculino perdeu por 3-6 ante o 5 Coruña F.S. O equipo de Miloso pagou de novo os erros propios e a mala actuación arbitral e perdeu cun resultado excesivo. Os goles dos vilalbeses foron obra de Antón (2) e Fari. O vindeiro encontro será o sábado no Pavillón Municipal de Alba de Tormes ás 16:00 horas ante o C.D. Albense F.S.