RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada de competición.

O equipo feminino continúa coa racha triunfal de victorias e venceu ao filial de El Gaitero Rodiles F.S.F. por 5-0. O equipo de Kini dominou o partido de principio a fin e o resultado aínda puido ser máis amplio. Os goles das vilalbesas foron obra de Marta Hermo, Laura Barranco, Paula, Indira e Antía. Antes do encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do socio número 12 do Vilalba F.S., Carlos Celeiro Fernández. O seguinte partido de liga será ante o F.C. Meigas o vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Bertamiráns, que será retransmitido pola canle televisiva da RFEF.

O equipo masculino sumou unha nova derrota por 4-2 ante o C.D. Tierno Galván. O equipo de Miloso desaproveitou a vantaxe de 0-1 ao descanso e na segunda metade malia a ter moitas ocasións de gol acabou perdendo. Os goles dos vilalbeses foron obra de Chis e Simo. O vindeiro encontro será ante o Caja Rural River Sala Zamora o sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O filial feminino venceu pola mínima ao filial do Ribeira F.S. cun solitario gol de Lucía Cendán.

O equipo cadete feminino goleou 10-1 ao F.C. Meigas. Marcaron Laura Varela (6), Lucía Vilasuso (3) e Malak para as vilalbesas.

O equipo infantil femenino perdeu por 7-1 ante o Viaxes Amarelle F.S.F. Sal – Lence. Jimena marcou o gol para o equipo vilalbés.

O equipo infantil masculino “B” perdeu por 3-2 ante o Burela F.S. “B”. Marcaron Adrián e Iago para os vilalbeses.

O equipo alevín masculino venceu no primeiro partido da competición 5-2 ao F.S.F. Castro. Marcaron José Adrián, Iago, Mathias, Andrés e Fernando para os vilalbeses.

O equipo benxamín masculino comezou a competición perdendo por 11-1 ante o EDM Concello de Guitiriz F.S.