1/16 DE FINAL DA “COPA DE S.M. LA REINA” – GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. – GAITERO RODILES F.S.F.

Hoxe, martes 3 de novembro ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba o Grupo Forma-t Vilalba F.S. recibirá ao Gaitero Rodiles F.S.F. nos dezaseisavos de final da “Copa de S.M. La Reina” de Fútbol Sala.

Será a primeira vez que o equipo vilalbés xoga esta eliminatoria á que chega despois de vencer por 5-1 ao Reyco Burela F.S. no mes de setembro. Pola contra o equipo asturiano, que milita na Liga Iberdrola de Primeira División comeza a competición como visitante ao ser equipo de superior categoría.

O equipo de Kini que está nunha dinámica positiva, xa que suma por victorias todos os partidos no que vai de tempada, (entre liga, Copa Galicia e Copa de S.M. La Reina), tentará dar a sorpresa e colarse nos oitavos de final xogando diante da súa afición.