RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Cinco victorias dous empates e sete derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada de competición.
O equipo feminino empatou 1-1 ante o C.D. Segosala nun partido igualado. O equipo de Kini que acusou o partido de Copa Galicia entre semana cedeu os dous primeiros puntos da tempada. O gol das vilalbesas foi obra de Marta Hermo. O seguinte partido de liga será ante o Reyco Burela F.S. o vindeiro sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de “Vista Alegre”.
O equipo masculino nun mal partido caeu derrotado por 8-0 ante o Deporcyl Guardo F.S. O equipo de Miloso segue sen puntuar a domicilio. O vindeiro encontro será ante O Esteo F.S., actual líder da competición, o venres ás 21:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
O filial feminino perdeu ante o filial do F.S.F. Castro por 1-3. Marcou María Otero para as vilalbesas.
O equipo xuvenil masculino “A” venceu por 8-3 ao F.S.F. Castro. Marcaron Martín Rañal (3), Samuel Souto (2), Miguel Miragaya, Alejandro Rey e Esteban Ruíz para os vilalbeses.
O equipo xuvenil masculino “B” perdeu por 0-4 ante o Concello de Begonte F.S.
O equipo cadete feminino venceu 1-6 ao Ribeira F.S. “B”. Marcaron Laura Varela (3), Lucía Vilasuso, Sabela Alvariño e Nahia R. Martín para as vilalbesas.
O equipo cadete masculino venceu 2-3 a Os Meigallos F.S. “B”. Marcaron Miguel Angel Miragaya (2) e Fran Miragaya para os vilalbeses.
O equipo infantil feminino venceu 5-3 ao 5 Coruña F.S. Marcaron Nahia R. Vázquez (2), Malak (2) e Judith para as vilalbesas.
O equipo infantil masculino “A” venceu por 5-3 ante o ADC Lugo Sala ”B”. Marcaron Manu, Mauro, Mario, Martín e Diego para os vilalbeses.
O equipo alevín masculino empatou 2-2 ante o Casás ”B”. Marcou Ethan Lopes para os vilalbeses.
O equipo alevín masculino de Xogade perdeu 9-0 ante o EDM Outeiro de Rei.
O equipo benxamín masculino de Xogade perdeu por 6-1 ante o EDM Outeiro de Rei. Marcou Sergio Bellas para os vilalbeses.
O equipo prebenxamín masculino “A” de Xogade perdeu 3-0 ante o EDM Outeiro de Rei.
O equipo prebenxamín masculino “B” de Xogade perdeu 4-0 ante o EDM Outeiro de Rei “B”.


