A DURA REALIDADE DO CONCELLO DE VILALBA CO VILALBA F.S.

No mellor momento deportivo da historia do Vilalba F.S., cun equipo en categoría nacional e cinco en competicións autonómicas o apoio económico do Concello de Vilalba non é que sexa insuficiente si non que segue sen recibir importantes cuantías que dito organismo tería que terlle abonado.

En tempo de pandemia sendo un dos dous clubes vilalbeses que competiron oficialmente, non houbo ningún tipo de subida na axuda nominativa, nin houbo preocupación por si había algunha necesidade. A única resposta recibida foi que xa se subiría o importe para o seguinte ano, que coincidiu co ascenso do equipo masculino á terceira categoría do fútbol sala nacional, e que pasou de 9.000€ a 15.000€, axuda que apenas chega para pagar os desprazamentos de fora de Galicia.

No curso 22/23 pola prestación de servizos pola Escola Deportiva Municipal de fútbol sala o Vilalba F.S. ía percibir a cantidade de 14.000€ pero debido a unha nefasta xestión das mesmas por parte do Concello de Vilalba o clube soamente recibiu 9.976,55€ tendo que aportar 4.023,45€, cantidade que a alcaldesa se comprometeu a abonar máis adiante. A realidade é que ata o de agora non se recibiron e xa se lle comunicou á directiva que ese importe non se pode pagar. ¿A onde foron parar eses cartos?

Para o curso 23/24 os gastos pola prestación de servizos da Escola Deportiva Municipal de fútbol sala vai recibir o mesmo importe de 14.000€  pero sumado á subvención nominativa do clube para a actividade competitiva dos seus equipos, (agora parece ser que a forma de pago que se estaba realizando nos últimos anos non era legal). Por certo, para o 2023 na subvención nominativa hai unha subida espectacular de 1.000€.

Desgraciadamente, o Vilalba F.S. tamén segue sen recibir os 1.790,70€ dos gastos que tivo que abonar pola suspensión do encontro de Segunda División “B” ante o C.D. Unión Arroyo (Valladolid) e do desprazamento dos árbitros no partido contra o Castro F.S.F. KWS Agricampo de Preferente Autonómica debido as deficiencias na cuberta do Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba, instalación da que é titular o Concello de Vilalba, cando houbo un compromiso da alcaldesa e do concelleiro de deportes de que sí se pagarían.

Ante este panorama o clube últimamente está realizando en coches particulares as viaxes do primeiro equipo masculino cando se despraza fora de Galicia, algo impropio dun equipo de Segunda División “B”. Ademáis na vindeira tempada o equipo filial masculino é moi probable que esté na Terceira División Nacional, xa que está a piques de conquerir un ascenso histórico cunha gran maioría de rapaces vilalbeses.

A directiva quere que se saiba a realidade do Concello de Vilalba co clube e de non haber un apoio incondicional está plantexando non presentarse ás eleccións que haberá a final de tempada na Asemblea Extraordinaria do Vilalba F.S.

#vilalbaquerefutsal