A SELECCIÓN GALEGA SUB16 – NA FASE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA
O Grupo Forma-t Vilalba F.S. estará representado na fase final do Campionato de España de seleccións autonómicas sub-16 masculino que se celebrará do 27 ao 29 de decembro en Córdoba.
O corpo técnico do combinado galego, comandado por “Kini” Martínez como seleccionador, Iván Amado de axudante e Carlos Pacín como preparador físico, tentará sacar o máximo rendemento posible dos xogadores galegos diante das mellores seleccións autonómicas.
A selección galega logrou a clasificación para esta fase final despois das victorias contra Castela e León e Navarra, a derrota con Castela A Mancha e o derradeiro empate ante a potente Cataluña nunha fase previa que se celebrou en Burela.
O rival dos de “Kini” nos cuartos de final será a selección de Aragón que quedou primeira clasificada no grupo B.
O resto de emparellamentos son os seguintes:
(1ª Grupo A) Cataluña – Comunidad de Madrid (2º Grupo B)
(1º Grupo C) Región de Murcia – Canarias (2º Grupo D)
(1º Grupo D) Andalucía – Comunidad Valenciana (2º Grupo C)


























