ALBITA CONVOCADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB21

A porteira do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Alba López Testa “Albita” foi convocada pola Selección Española sub-21 para a concentración do 25 ao 29 de xaneiro na Cidade do Fútbol das Rozas e na que o combinado español disputará dous partidos amistosos ante a República Checa.

Para o seleccionador español, Jordi Gay Cano non pasou desapercibida a gran tempada pasada realizada pola xogadora do Grupo Forma-t Vilalba F.S. no debut na Segunda División RFEF e a continuidade desta tempada.

Albita que xa foi convocada o ano pasado coa Selección Española sub-19 ao igual que a xogadora do equipo vilalbés Aroa, (que se recupera dunha lesión), é a única xogadora galega convocada para esta concentración.

Parabéns!!!