ALBITA E AROA SEGUEN A TRIUNFAR COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB19

As xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Alba López e Aroa Rodríguez foron de novo protagonistas na doble victoria por 0-1 e 1-5 da Selección Española sub-19 feminina contra Portugal nos dous partidos amistosos celebrados en terras lusas.

O seleccionador español, Íñigo Martínez segue a contar coas dúas xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. que xa son pezas imprescindibles no combinado español. “Albita” xogou un tempo en cada partido tendo unha actuación destacada na portería sen encaixar ningún gol e Aroa tamén estivo a gran nivel nos dous encontros dando unha gran asistencia no segundo partido.

Parabéns!!!

Orgullos@s de vos!!!