ALBITA E AROA TRIUNFAN COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB19

As xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Alba López e Aroa Rodríguez foron protagonistas nas victorias por 4-2 e 3-1 da Selección Española sub-19 feminina contra Finlandia nos dous partidos amistosos celebrados en Ferrol e Viveiro.

Para o seleccionador español, Íñigo Martínez non pasou desapercibida a gran tempada que están a realizar as xogadoras do Grupo Forma-t Vilalba F.S. no debut na Segunda División RFEF e convocou a Albita e Aroa que brillaron nos dous encontros. “Albita” xogou un tempo en cada partido tendo unha actuación destacada na portería e Aroa que exerceu de capitana do combinado español marcou un gol de vaselina en cada partido.