
AROA CONVOCADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB17
A xogadora do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Aroa Rodríguez Mosteirín, foi convocada pola Selección Española Sub17 para a concentración que terá lugar en Boticas (Portugal) do día 02/04/23 ata o 06/04/23 de e no que se enfrentarán o martes e mércores á selección lusa en dous partidos de adestramento no “Pavilhâo Multiusos de Boticas”. A gran tempada de Aroa que xoga no equipo de Preferente Autonómica non pasou desapercibida para a selecionadora española Claudia Pons. Tamén acudirán á cita as galegas Yanira Guizán (E.D.M. Concello de Guitiriz) e Carla Martínez (Viaxes Amarelle).
Parabéns Aroa!!!