AROA DESTACADA COA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB17
A xogadora do Grupo Forma-t Vilalba F.S. Aroa Rodríguez Mosteirín, destacou coa Selección Española Sub17 na concentración que tivo lugar en Boticas (Portugal) do día 02/04/23 ata o 06/04/23 e na que se enfrentou ao combinado luso en dous partidos de adestramento no “Pavilhâo Multiusos de Boticas”.
No primeiro partido Aroa destacou con dous goles, un deles de gran xogada, e unha asistencia na goleada por 1-7 do combinado dirixido por Claudia Pons.
No segundo encontro a xogadora do Grupo Forma-t Vilalba F.S. conseguiu outro golazo para a victoria por 0-4.
Tamén tivo unha boa actuación a porteira guitiricense, Yanira Guizán.